
| Máis radicalización no PP |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 18 de Abril do 2008 | Estatal | |||
Os dous presidentes autonómicos entenden, a partir de non admitir as diferenzas entre o proxecto que impulsou Aznar e a solución para a urxencia hídrica de Barcelona que onte aprobou o consello de ministros, que se a capital catalá tivo un trasvase tamén o deben ter eles.
Pero os barones do PP non queren unha interconexión puntual de redes (a de Barcelona aportará 40 hectómetros cúbicos por ano) senón un trasvase do Ebro en toda regra, que trasladaría 1.050 hectómetros cúbicos (proxecto cando Aznar era presidente do goberno). Os dous citáronse na Generalitat valenciana durante tres horas e media para fixar unha posición común. Pois que entenderán estes de igualdade e de constitucionalidade se nin coñecen nin aplican a unha nin a outra? De prosperar o recurso apenas se viría demostrar unha vez máis do pé que coxea o Tribunal Constitucional, casualmente, de maioría conservadora. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|