
| XXVII Premio Esquío de Poesía |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 19 de Abril do 2008 | Cultura | |||
En canto aos accésits, en lingua galega foi para Xosé Luis Mosquera, de Guísamo, pola obra 'Amebas', e en castelán para Eugenio Maqueda Cuenca, de Jaén, pola 'Mirada secuestrada'. Nun acto celebrado ás oito da tarde no Concello de Ferrol, o xurado presidido pola concelleira de Cultura Iolanda Díaz, deu a coñecer os nomes dos gañadores na presente edición, á que se presentaron preto de 250 orixinais procedentes de case todos os continentes. O primeiro premio está dotado con 10.000 euros, tanto en lingua castelá coma en galego. Os accésits recibirán 2.500 euros cada un. A presente edición do Premio Esquío caracterizouse polo elevado número de obras que se presentaron. En lingua castelá participaron 183 orixinais, fronte aos 99 de 2007, o que supón un incremento do 85%. A maior parte dos orixinais proceden da Galiza, tamén se presentaron orixinais de Arxentina, Estados Unidos, Dinamarca, México, Ecuador, Israel, Bélxica e Franza. En lingua galega, tamén se rexistrou un lixeiro incremento con respecto á convocatoria anterior, con 59 obras presentadas fronte ás 48 de 2007. "Entre os traballos recibidos tamén se atopa un de Estados Unidos e un de Portugal".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|