Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Novos ventos para o Medio Ambiente (poucos ventos) Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Sábado, 19 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
adela

A eliminación do Ministerio de Medio Ambiente de España, é un triste presaxio acerca das políticas que se aveciñan.

Este Ministerio, que fora una vella reinvidicación dos grupos ecoloxistas, en España nunca pasou de Medio, para ser enteiro. En Portugal prefiren o termo de Ambiente para todo o que ten que ver có entorno, a súa conservación e administración. Ingleses e franceses tampouco recurren ao termo medio para complementar o ambiente (environement). Será que en España teñenlle medo ao ambiente enteiro? Será que a  anterior ministra Cristina Narbona, que parecia crer no que facia, era perigosa para as novas políticas que se pensan implementar?

O feito de submeter as políticas ambientais a asuntos de tanta transcendencia, como a pesca ou o medio rural fainos temer o peor.

Cal será a postura, dun tal ministerio,  no caso da defensa do Plan de Acuicultura galego, tan agresivo para o ambiente do litoral?. Na Avaliación de Impacto Ambiental o mesmo ministerio pode ser critico consigo mesmo?. Como vai defender a Rede Natura o mesmo ministerio que decide para a explotación dos recursos do litoral?

Que vai pasar coas augas? Fican cautivas tamén dentro do apartado de medio rural dese macroministerio. Se van ser só augas con función agrícola ou poden, nese contexto, conservar o peso e a transcendencia que tiñan como integrantesda hidrosfera merecentes dunha dirección xeral no anterior Ministerio de Medio Ambiente?

O anterior Ministerio de Agricultura desta ministra, tense destacado polos obstáculos que sempre puxo a asuntos chave para o ambiente con posicions calaramente a favor dunha política productivista, con apoio aos transxénicos, aos cultivos sedentos e de regadío, por contraposición á recomendada tendencia á una agricultura diversificada e sostible.

Eu vexo en perigo obxectivos importantes como o da independencia alimentaria, baseada na protección das sementes autoctonas, e a utilización  de abonado orgánico que garantan a  sustentabilidade dos procesos productivos da pesca e da agricultura. Unha decepción para quens pensábamos que os tempos do desarrollismo recuaban por se teren demostrado tan agresivos para o medio. A sobreexplotación de recursos como o solo ou o mar litoral están agora nun horizonte cribel  pola defensa que esta ministra ten feito de prácticas como o aumento das capturas por encima das recomendacións científicas , a ralentización de medidas de protección do medio mariño ou a oposición que ten feito á reforma da Lei das Augas.

As políticas de loita contra o Cambio Climático e Sustentabilidade fican relegadas a outros intereses. Nun momento de perigo global en que as políticas ambientais son de vital transcendencia, parece unha insensatez este remexido de ministerios que agocha o ambiente para que non estorbe. 

En definitiva , este ministerio criado como un exercicio de recorta e cola, é un potpourri inestable xerador de entropia que o fai ter tendencia a ser explosivo ou inoperante.

Agardamos que recapaciten, que a realidade (que acostuma a ser teimuda) se impoña e se recuperen os anteriores modos de  actuación de vixianza da sustentabilidade e de loita contra as emisións de GEI (gases de efecto invernadoiro).

Agora  a ministra encóntrase metida nun bon lio coa diferenciación semántica acerca do termo trasvasamento ou cesión de parte do caudal do Ebro. Porque as augas sempre acaban por buscar o seu canle .....

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image