Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rajoy vs Aguirre Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 20 de Abril do 2008   |   Estatal
rajoy-aguirre O líder do PP, Mariano Rajoy, protagonizou en Elxe unha intervención na que defendeu con uñas e dentes a súa candidatura á Presidencia do partido no Congreso Nacional que se celebrará en xuño. Foi un discurso inusualmente duro e contundente no que se puideron escoitar moitas mensaxes indirectas á presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. "Se alguén quere irse ao partido liberal ou ao conservador, que se vaia", dixo Rajoy. 
Tras pedir aos presentes o voto para a súa candidatura a liderar de novo o partido, Rajoy lanzou a primeira mensaxe de toda unha serie de críticas veladas, pero claramente dirixidas a Esperanza Aguirre: "Eu dou a cara". "Non estou en cálculo algún, voume  presentar porque quero un PP no que estean integrados todos, porque xa vivín cousas que non quero volver vivir", afirmou.

700.000 persoas que votaron ao PSOE "votáronnos nestas eleccións" e  se presenta ao Congreso porque así llo pediron "muchísimos compañeiros de partido" e "non ningún xornal nin ningunha radio". Co programa electoral do PP na man, Rajoy dixo que no Congreso debaterase sobre as "ideas, principios e desafíos" aos que se enfrontará o partido nos próximos anos e engadiu: "Gústame onde se atopa o PP agora, no PP europeo, con socios como Angela Merkel e Nicolas Sarkozy, e se alguén se quere ir ao partido liberal ou ao partido conservador, que se vaia".

Ademais, Rajoy respondeu ao secretario de Comunicación do PP de Madrid, Juan José Güemes, que onte pediu aos populares de Andalucía que "empecen a traballar xa, que levan 30 anos cómodamente instalados na oposición perdendo eleccións". O líder do PP dixo que "quen queira presentarse, que o faga, é bo para o partido", pero, para ser "leal" co PP, o seu "primeira obrigación é estar á altura das circunstancias", polo que pediu "respecto para a xente, aos que gañaron e aos doutras circunscripciones electorais, como Andalucía, onde traballaron como nunca e onde conseguiron un brillantísimo resultado".

Para rematar, Rajoy dixo crer na España das autonomías e en Madrid, pero "non se poden confundir 25 persoas de Madrid con España, porque España é algo moito máis grande e moito máis importante".

Rajoy estivo arropado polos 'barones' do partido na rexión mediterránea: o presidente da Comunitat Valenciana, Francisco Camps; o presidente da Rexión de Murcia, Ramón Luís Valcárcel; o líder do PP en Andalucía, Javier Arenas; e o responsable dos populares en Cataluña, Daniel Sirera.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (1)add
1
Anxo D
Malos tempos para Rajoy. Se quere a guerra coa señora Aguirre terá que reclutar, e para un posto ben relevante, ó señor Ruiz Gallardón, a única referencia de futuro do PP, ainda que teña un discurso máis razonable ca él. Xa veremos cántas baixas trae esta guerra. Loitar contra Aguirre e a máis recalcitrante dereitona do país é dar cabezadas contra un muro de granito. Se gaña Rajoy, ben para a esquerda xa que é máis do mesmo e máis debilitado. Se gaña ela, moitísimo mellor aínda xa que é a excusa para loitar contra o feixismo máis radical e beato da Espanha.
Saúdos dende a barreira.

21 de Abril do 2008 - 15:41

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image