|
O fascismo español de Marta Rivera de la Cruz |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 20 de Abril do 2008 |
Cultura
|
 |
A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz, finalista do Premio Planeta 2006, manifestou o seu apoio á asociación Galicia Bilingüe e cualificou de "nova forma de fascismo" o "demonizar a quen non empregue habitualmente o galego" e "acantonar o castelán da vida social e cultural galega". |
Segundo a escritora, que remitiu unha carta de apoio ao congreso que a Asociación Galicia Bilingüe está a celebrar en Lugo, é "delirante" que a algúns se lles "considere estranxeiros na súa propia terra" por "elixir o castelán como vehículo de expresión".
Rivera de la Cruz asegurou "non entender a quen lle pode interesar eliminar da vida pública galega un idioma que falan catrocentos millóns de persoas" e "privar aos galegos de manexar dúas linguas".
"Non entendo en que beneficia a un neno non aprender castelán pero, por riba de todo, son incapaz de comprender que se impulse a limitación das liberdades individuais", proclamou.
Así mesmo, Rivera de la Cruz sinalou que a defensa do bilingüismo na Galiza "non debería ser unha prioridade" xa que "reivindicar un dereito recoñecido polas leis parece máis propio dun paradoxo que dos ditados do sentido común".
Que terá esta xentiña na cabeza, que fala de eliminar cando os únicos que queren eliminar e excluir son eles, e enchen a boca coa palabra liberdade cando pretenden coartar a dos demais?
Todo canto escribe esta muller é ficción, que para unha novela non está mal, mais para a vida real hai que vivir a realidade e contala tal e como é, e non transxiversala.
O perigoso das mentiras é que, a forza de repetilas, hai quen as acaba por crer.
Comentarios () |
|
|
|
|
|