
| 42 buses semanais a Sá Carneiro |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 21 de Abril do 2008 | Portugal | |||
Uns 700 viaxeiros van cada mes desde Vigo á terminal aérea do norte luso, por 18 euros o itinerario de ida e volta, nos autobuses da empresa Autna. Outros 1.800 parten da estación de autobuses viguesa a algún dos destinos cubertos por esta liña no país veciño, que chega coas súas unidades até o Algarve. Alsa é a encargada de recoller desde A Coruña até Vigo a todos os que pretendan achegarse en transporte público ao Sá Carneiro. Até 15 frecuencias semanais parten da cidade herculina desde as 9 ás 21 horas nunha viaxe de 3,5 horas, por un prezo de 51 euros ida e volta, ou 28 se o traxecto se realiza nun único sentido. Santiago, Pontevedra, Vigo e Peinador son as súas paradas antes de entrar no país veciño.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|