
| Lugo proclámase vencedor en Paraguai |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 21 de Abril do 2008 | Internacional | |||
O bispo comprometeuse ante os concorrentes que encabezará un goberno que se "caracterizará pola honestidade e non pola corrupción", en indirecta alusión aos colorados. Lugo insistiu na nova era da política nacional "sen clientelismos nin sectarismo".
A xornada electoral estivo chea de declaracións de todos os candidatos e sobre todo da guerra interna aberta no interior do Partido Colorado, un síntoma que facía prever a posibilidade real de que a formación abandoara o poder.
Xa antes do reconto oficial a Igrexa católica reaccionara ante a vitoria de Lugo. O presidente da conferencia episcopal, Ignacio Gogorza, declarou que o Papa "vai atopar unha solución" para a situación do bispo, sancionado canónicamente por dedicarse á política e a quen Roma vai outorgar agora unha dispensa. Ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus. Que fai un bispo presidindo un goberno? |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|