Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Correlingua 2008 Imprimir Correo-e
Luns, 21 de Abril do 2008   |   Sociedade
amesa Esta mañá presentouse en Santiago a edición 2008 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000, consistente en diferentes carreiras a prol do galego que se celebran en 13 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de preto de 40.000 rapaces e rapazas procedentes da maioría de centros educativos de todo o país.

No acto, celebrado no Auditorio de Galiza, tamén se entregaron os premios dos concursos de Manifesto e de Banda deseñada do Correlingua 2008, que recaeron no grupo de 3º Eso do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral, e no grupo de 5º de primaria do CP Pepe de Xan Baña de Santa Comba, respectivamente, tendo acordado o xurado mencións especiais para o grupo de 1º de Bacharelato do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives e o IES Río Miño de Rábade  na sección de Manifesto e para o grupo de infantil de 4 anos do CPI Afonso VII de Caldas de Reis, e o grupo de 5º de Primaria do CEIP A Cristina de Carballo, en  Banda deseñada.

 

Compre resaltar que foron máis de 500 centros os participantes nestes concursos, que teñen como premio a participación nos programas Vive o Monte e Entremareas da Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia, e no Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos e movementos de renovación pedagógica como a AS-PG. A grande calidade dos manifesto e Bandas deseñandas apresentadas, motivaron o recoñecemento especial aos finalistas por parte do xurado.

 

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

 

'En Galego Cabe Todo' foi o lema escollido para a presente edición,  facendo referencia á capacidade das memorias dos Mp3 e I-pods, onde todo o que se faga en galego ten cabida e, por tanto, trasladando que na nosa vida diaria, en todas as nosas actividades o noso idioma pode estar presente.

 

Na presente edición do Correlingua incorporouse o A Polo Ghit do Correlingua en colaboración coa Radio Galega e Vieiros. O Ghit do Correlingua 2008 buscouse entre 51 grupos de música galega, que o alumnado tivo a oportunidade de descargar da páxina web do Correlingua e votar. Resultou elexido o grupo Sínefres de Boiro, que actuará en 8 das festas finais do Correlingua. En outras 5 festas actuará o Xabarín Club da TVG. En todas as vilas e cidades nas que se celebra o Correlingua, desenvolveranse  espectáculos teatrais que contarán coa participación de Touriñán e Marcos, de Ppablo e os Ghazafellos, ou do Grupo Chévere, entre outros.

 

Próximamente editarase o segundo número da revista Correlingua que contará coa participación de alumnos e alumnas de diferentes centros de ensino do País, e onde se publicarán os traballos gañadores do Concursos da edición 2008.

 

No acto celebrado esta mañá participaron, por parte das entidades organizadoras, Anxo Louzao e Marta da Costa, de CIG-Ensino, Carlos Callón e Fran Rei, por parte da Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, respectivamente; Olga Patiño, da AS-PG, e Guadalupe Rodríguez, concelleira de Educación e Normalización Lingüística de Santiago. Tamén estivo presente Luis Bará Torres, director xeral de Creación e Difusión Cultural, e Xurxo Souto, xefe de programas da Radio Galega.

 

O presidente da Mesa, Carlos Callón,  animou aos rapaces e rapazas a seguir empregando a súa lingua en todos os eidos, e recordou que toda a sociedade en xeral está chamada a participar na manifestación nacional que, baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”, convoca a asociación en defensa da lingua para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela.

 

CALENDARIO CORRELINGUA

A Coruña  06/05/2008  A Coruña   

A Barbanza  07/05/2008  Ribeira   

Ferrolterra  07/05/2008  Ferrol   

A Mariña  08/05/2008  Foz   

Salnés  08/05/2008  Vilagarcía   

Lugo  09/05/2008  Lugo   

Santiago de Compostela  12/05/2008  Santiago de Compostela   

Pontevedra  13/05/2008  Pontevedra   

Vigo  14/05/2008  Vigo   

Baixo Miño  15/05/2008  Salceda de Caselas   

Ribeira Sacra  15/05/2008  Monforte de Lemos   

Monterrei  16/05/2008  Verín   

Ourense  16/05/2008  Ourense 

 

Comentarios (10)add
1
fog
olaaa!!

Maio 07, 2008

2
tupu
jajajajaj

Maio 07, 2008

3
las doooossssssss
olaaaaaaa!!!
queremos unha foto nosa aiiii
eso non vale!!! smilies/angry.gif

Maio 09, 2008

4
xinzo
olaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!tedes que pegar fotos dos de xinzo!!!!!!!!! smilies/tongue.gif

Maio 21, 2008

5
xinzo
smilies/shocked.gif que fuerte non hay ningunha foto nosa ahi!

Maio 22, 2008

6
correlinua

Maio 22, 2008

7
correlingua

Maio 22, 2008

8
carral atope
k bueno

Xuño 09, 2008

9
Carral Racing TEAM. MUXO BMX ATOPE
E o maximo o correlingua. FALA GALEGO

Xuño 09, 2008

10
omeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!
tamen faltaa unhaa foto dos gañadores como ten q ser! qee ademais son todos moi guapos! smilies/kiss.gif

Xuño 09, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image