Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O Concello crea o primeiro mapa lumínico Imprimir Correo-e
  • Currently 4.5/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.5/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 22 de Abril do 2008   |   A Coruña
mariapita O Concello da Coruña completou a primeira fase do mapa lumínico da cidade, que analizará toda a iluminación pública para coñecer a súa situación e adoptar as medidas axeitadas para responder ás necesidades da poboación, "pero garantindo un consumo sustentable e eficiente"
Este estudo estase a realizar de xeito pioneiro na España e, polo momento, completouse xa a análise dos distritos un e dous da cidade como resultado dun traballo de ao redor de dous anos, segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Nieves Vázquez.

Trátase dun estudo "moi pormenorizado" que supón un traballo de campo, no que os técnicos tiveron que establecer os tipos de rúas e zonas de toda a cidade, ademais de sinalar os 95 modelos diferentes de luminarias que existen e rexistralos coas súas respectivas características para contar cun inventario actualizado que facilitará o seu tratamento no futuro.

Segundo os datos que recolle o estudo, a cidade conta cunha superficie iluminada de 5 millóns de metros cadrados e 17.054 puntos de luz, cunha potencia total de 3.657 kw.

EFICIENCIA ENERXÉTICA.

A Coruña conta cunha eficiencia enerxética "notable", pois duplica os valores medios establecidos: fronte aos 17 metros cadrados lux/w, a cidade ten nas súas rúas unha media de 29,25 metros cadrados lux/w.

A primeira fase do Mapa Lumínico desenvolveuse nos distritos un e dous da cidade, que comprende os barrios da Cidade Vella, Peixaría, Monte Alto e Adormideras. Segundo o estudo, a calidade da iluminación pública nestas zonas é boa, aínda que, atendendo a criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética, se recomenda continuar o programa municipal de substitución de lámpadas de mercurio por outras de sodio, así como a instalación de sistemas de redución da iluminación en tramos horarios.

SUSTENTABILIDADE.

Estes datos, recollidos no mapa lumínico, presentaranse o xoves, día 24, nunhas Xornadas de Enerxía Sustentable e Loita contra o Cambio Climático, dentro do Proxecto Europeo Practise, organizadas polo Concello no Paraninfo da Universidade da Coruña.

O proxecto Practise ten carácter internacional e persegue o desenvolvemento da enerxía sustentable a nível local no marco da Unión Europea. Na España só participa a cidade herculina, mais a nível europeo conta co apoio de varias institucións de Italia, Franza, Gran Bretaña e Romanía.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image