Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rajoy e Aguirre, tal para cual Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Paulo Liñeiro   |   Martes, 22 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Paulo Liñeiro
Image Lamentables as actuacións nos últimos días dos líderes do PP. Primeiro foron de vergoña as declaracións AUTORITARIAS de Rajoy (facendo ver quen é o que manda, que ten todos os apoios e que o que non estea de acordo que se vaia ao partido liberal ...). Menos mal que estamos en democracia que se non ...
Son declaracións de división dentro do PP, e o único que poden provocar é que posibles votantes non vexan en Rajoy ao seu candidato, porque os desprezou, e non vaian votar nas próximas eleccións.

Mal política está de Rajoy, un futuro presidente dun partido ten que arrexuntar a todas as familias que o conforman e non  convidar a que se vaian a outro partido os que non pensan como el.

Onte tocou a quenda de Esperanza Aguirre.
Pola mañá, logo de reunirse con Camps, deixou claro que non se presentaba, que votará a favor de Rajoy, e pola noite deixou aberta a porta á súa candidatura. 

Non se sabe se querendo emular o tópico do galego que nin sube nin baixa, que circula por Madrid, ou dixo que non se presentaba agora que non ten apoios, mais se é quen de acadalos a teremos como candidata á presidencia... cando menos do PP.

A enemizade é evidente con tantas descualificacións. Ademais Espe pediu e reiterou a Rajoy que aclare a quen se refería cando dicía que "se alguén quere irse ao partido liberal ou ao conservador, que se vaia".

Non hai debate de ideas, será porque non teñen proxectos?, son soamente dous políticos que queren a presidencia do seu partido como sexa, e o xeito de acadalo dá igual.

De momento, parece que Aguirre pecha filas porque non ten suficientes apoios e deixará tranquilo a Rajoy por un tempo ... Poida que si, poida que non. 
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image