
| O periodismo de hoxe |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 23 de Abril do 2008 | Comunicación | |||
Rojo foi correspondente de prensa en países tan variados como Nicaragua, El Salvador, Afganistán, Iraque, Líbano, Romanía, Iugoslavia, Sudáfrica, Albania, Ruanda, Chechenia, Zaire, Indonesia e Etiopía. En 1991 foi o único representante dun medio escrito occidental que cubriu día a día a guerra do Golfo dende Bagdad, baixo o permanente bombardeo aliado. Trasladouse posteriormente a Afganistán dende onde informou diariamente da actualidade da guerra ata a entrada en Kabul das tropas da Alianza do norte, do asasinato dos xornalistas, incluído o de Julio Fuentes, compañeiro seu, e dos asedios á cidade de Kandahar, último enclave talibán. Rojo estivo tamén en Ramala cubrindo o conflito árabe-israelí. O 11 se setembro do 2002 estivo en Kabul, tamén estivo no teatro de Moscu secuestrado por terroristas chechenos no que morreron máis de cen persoas, e segue viaxando a Iraq periodicamente. Cubriu toda a guerra de Iraq para o xornal El Mundo e, dende hai uns meses traballa para ABC e é director do xornal dixital PeriodistaDigital.com. Colaborador habitual no programa 'Protagonistas' de Luis del Olmo e de varios faladoiros televisivos. É autor dos libros xornalísticos 'La comida del tigre', 'Diario de la guerra', 'Moscú sin compás', 'Holocausto en los Balcáns', 'La odisea de la tribu blanca' e 'Reportero de guerra'. Tamén escribiu as novelas 'El sonido del cascabel', 'El ojo ajeno', 'Instinto animal', 'Pecados' e a última publicada en abril do 2002 'Matar para vivir'.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|