Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Proxecto dunha nova terminal de pesca en Montevideo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 23 de Abril do 2008   |   Internacional
frigorificosdelmorrazo As empresas galegas participarán no proxecto dunha nova terminal de pesca do Porto de Montevideo (Uruguai), que acolle o 60 por cento das mercadorías da rexión do Cono Sur

Así o explicou o ministro de Obras Públicas e Transportes de Uruguai, Víctor Rossi, nunha entrevista que mantivo en Pontevedra co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán.

Rossi encabeza unha delegación dunha vintena de empresarios uruguaios na Galiza que buscan proxectos de cooperación con empresas galegas en campos como a pesca, o turismo ou as tecnoloxías da información.

A esta delegación acompaña o empresario de Vinseiro, do municipio pontevedrés da Estrada, Manuel Barros, a quen o ministro puxo como "exemplo de empresario emprendedor e comprometido con Uruguai e Galiza" e que terá un decisivo papel na sinatura do acordo para o convenio entre sinaturas desta comunidade e do país sudamericano que posibilitará a nova terminal do Porto de Montevideo.

O ministro uruguaio destacou a recuperación económica do seu país. Afirmou que se abrirá unha nova planta en Canalillos e que o Goberno uruguaio vixiará o cumprimento da legalidade ambiental dunha empresa que potenciará o sector forestal e o ciclo da madeira e a pasta. Segundo el, "a implantación de Ence en Uruguai creará postos de traballo e valorizará o produto interior bruto do país".

Rossi afirmou que o país sudamericano ofrece extraordinarias posibilidades para as empresas galegas relacionadas coas novas tecnoloxías e tamén para as afectadas polo parón da construción, sobre todo en sectores como o turismo, moi á alza na chamada 'Suiza de América'.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image