Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Vantaxes do plurilingüismo educativo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 23 de Abril do 2008   |   Cultura
escola A Universidade de Vigo puxo en marcha unha campaña informativa para explicar as vantaxes do plurilingüismo na educación e, no marco desta iniciativa, profesores de sociolingüística da entidade académica ofrecerán charlas divulgativas en centros de ensino primario e secundario, para docentes, para asociacións de pais e nais, ou para estudantes
Esta campaña, presentada onte no Campus Universitario de Vigo, está promovida pola área de Normalización Lingüística do Vicerrectorado de Relacións Institucionais e ten como finalidade fomentar o "plurilingüismo a todos os níveis", ademais de poñer de manifesto que "quen sabe galego sabe máis", segundo explicou o vicerrector Iván Area.

A iniciativa conta co apoio dos Concellos de Vigo, Ourense e Pontevedra, ademais das outras universidades galegas (Santiago de Compostela e A Coruña), e está "aberto a máis adhesións". De feito, municipios como o de Nigrán, Tomiño, Redondela ou Moaña, xa manifestaron o seu interese por sumarse a esta campaña, que está presente na web, a través da páxina webs.uvigo.es/plurilinguismo

O responsable de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Henrique Costas, explicou que esta acción informativa persegue poñer en evidencia a importancia de que os estudantes sexan "competentes" en varias linguas, xa que "todo o que sexa educación en varias linguas supón vantaxes para o escolar".

Así mesmo, explicou que as medidas implantadas até o de agora para favorecer o bilingüismo harmónico "se revelaron como un fracaso", xa que só se converteron en estudante bilingües aqueles que xa falaban galego no seu ámbito habitual.

De feito, só entre o 30 e o 35 por cento de alumnos da Universidade de Vigo usan o galego sempre nos seus estudos, mentres que, no caso da docencia, a cifra non supera o 15 por cento. Segundo Costas, o uso do galego por parte dos profesores universitarios está condicionado polo feito de que, ao contrario que noutros níveis educativos, non se lles esixe esta ferramenta para poder dar clase.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image