Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A Masa Crítica: medidas para unha mobilidade sostible Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Abril do 2008   |   Sociedade
amigosdaterra En Vigo, Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo e agora Ourense, a xente xúntase, un día ao mes, nun lugar da cidade, para dar un paseo en bicicleta. Trátase dunha "Bicifestación" pacífica que percorre as arterias das cidades reclamando máis espazos públicos, menos contaminación, mobilidade máis sostible, menos ruído, maior seguridade, menor velocidade, máis saúde.  
Sabemos o que queremos: pedimos máis carril bici, máis rúas peonís, mellores transportes colectivos, máis aparcadoiros disuasorios nas aforas da cidade, limitación ao tráfico polo centro, aparcadoiros para motocicletas e bicicletas, máis campañas de sensibilización.

Este xoves a Masa Crítica en Ourense ben podía ser chamada “Ciclopingüinada” xa que Pingüíns vindos da Antártida están a recorrer Europa reclamando á Unión Europea e aos países membros, a redución das emisións dos gases de efecto invernadoiro, que están amezando a súa supervivencia, e teñen pensado ficar uns días na Galiza. A Terra está moi enferma, e piden o apoio dos galegos e as galegas nesta loita contra a pandemia do Cambio Climático ( www.sosclima.org ).

Por outra banda terá lugar a segunda edición do OBRADOIRO DE REPARACIÓN E AXUSTE DE BICICLETAS. Todas as persoas que queiran participar na Masa Crítica pero que teñan a súa bicicleta estragada poden vir ao obradoiro a partires das 19.00 horas.

En Ourense, colectivos e cidadáns únense os últimos xoves de cada mes en fronte á subdelegación do goberno ás 20.00h para gozar dun reivindicativo e lúdico paseo en bicicleta.

Invitamos a todo o mundo a participar.

 

AMIGOS DA TERRA

 

Comentarios (1)add
1
embíci
Amiguinhos (da Terra) nom vos apropriedes da Massa Crítica, que vos podedes atragoar, é muito para vós.

Abril 24, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image