Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Acción política do BNG nas Cortes Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 24 de Abril do 2008   |   Estatal
jorquera O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, asegurou en Lugo que a reforma da lei electoral para que os emigrantes voten en urna así como a defensa dunha Lei de Prazos que regule o aborto serán os "eixes" sobre os que os nacionalistas cimentarán a súa acción política nas Cortes. 
Así, "unha das primeiras iniciativas" que o BNG debaterá na Cámara Baixa será a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral para que os emigrantes voten en urna. Trátase de evitar calquera tipo de "manipulación", manifestou Jorquera, e defendeu un mecanismo de votación para os residentes no exterior "homologable os do interior".

Ademais, recordou que o BNG presentou no Congreso unha proposición de lei para reformar a lei do aborto e asegurar o "dereito básico das mulleres a interromper libremente o seu embarazo". En opinión de Jorquera, deben existir "garantías xurídicas suficientes para evitar situacións penosas como as vividas nos últimos meses" sobre este asunto.

Tamén se marcou como obxectivo impulsar o autogoberno e, nesta liña, reivindicou o traspaso á Galiza das competencias en materia de tráfico e seguridade vial, así como en salvamento marítimo ou en portos e aeroportos.

Jorquera presentou ademais algúns dos asuntos relativos á provincia de Lugo que tratarán nas Cortes. Entre outros, a nova ponte sobre o río Miño ou a necesidade dunha maior inversión para impulsar a chegada do AVE á cidade das Murallas ou as autovías Santiago-Lugo e Lugo-Ourense.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image