Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Críticas contra o rascuño do novo bacharelato Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 24 de Abril do 2008   |   Cultura
alberte_ansede O secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede, asegurou que o BNG "comparte" as críticas de diversos sectores da comunidade educativa ao rascuño do decreto sobre o currículo de bacharelato, elaborado pola Consellaría de Educación, á que esixiu que abra un proceso de "diálogo" cos sectores afectados
"O mellor que se pode dicir do rascuño é precisamente iso, que é un rascuño, e que consecuentemente debe estar suxeito a modificacións e melloras", espuxo Ansede nun comunicado, e instou ao departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón a que sexa "sensible ás críticas".

En concreto, o dirixente nacionalista considerou "fundamental" que o currículo de bacharelato garanta aos alumnos o coñecemento da realidade galega, polo que suxeriu establecer un horario "adecuado" en materias como Filosofía e Historia.

Na súa opinión, ao reducir a carga horaria destas dúas materias e ao existir temas curriculares de obrigada impartición imposta polo Estado, queda "moita menos marxe" para garantir o ensino destas materias dende unha perspectiva galega. "Especialmente preocupante neste senso sería que a pagá desta reforma fose a Historia da Galiza".

A formación frentista criticou que, en lugar de "avanzar" cara a un ensino laico, o borrador do decreto implante unha hora de Relixión no segundo curso de Bacharelato, algo que non existe na actualidade. "Estariamos ante un retroceso que non ten encaixe posible nun Estado que, cando menos, é aconfesional", opinou.

Tamén lamentou a redución da carga horaria de Educación Física porque, ao seu xuízo, colocará á Galiza "moi lonxe dos estándares dos sistemas de ensino máis avanzados".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image