
| Empréstito de 12 millóns de euros |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 25 de Abril do 2008 | A Coruña | |||
Segundo explicou a concelleira de Facenda, Carmen Marón, o empréstito, que se outorgou por concurso público, é a interese variable, euribor a tres meses, diferencial 0,15%, cun teito de 5,40% e un chan de 3,50% cun período de disposición de dous anos prorrogables. Entre as principais actuacións que se financiarán, en parte ou na súa totalidade, con este empréstito están o convenio co Ministerio de Fomento para a construción das vías de servizo para o enlace coa A-6 ao que se destinarán 2 millóns de euros e cos que o Concello completará a súa achega ás obras de construción da Terceira Ronda. Ademais destinarán 2.158.860 euros do empréstito a financiar os convenios de rehabilitación de vivendas na Cidade Vella, Sagrada Familia, Vivendas do Carme, e Fernández Latorre, que supoñen un gasto total de 4,1 millóns de euros en obras xa en execución ou ben cos pregos preparados para facelo. O Concello herculino aproveitará tamén 500.000 euros do empréstito para desenvolver o convenio coa Xunta para cubrir os patios dos colexios da cidade, e permitir así que se poidan utilizar polos alumnos aínda que chova, unha actuación que se está a desenvolver dende a Concellaría de Educación. Destaca ademais a construción do Centro Ágora que suporá un gasto de 8,1 millóns, dos que 680.000 euros se financiarán con este empréstito, as obras de urbanización da Fábrica de Tabacos con 384.215 euros, a reforma do mercado de Ramón Cabanillas con 250.000 euros, ou a construción do parque de Oza que suporá un gasto de 1,2 millóns de euros dos que 400.000 se financiarán por esta vía. O Orzamento municipal da Coruña de 2008 ascende a 208 millóns (228 millóns, o presuposto consolidado). A inversión global recollida nos presupostos é de 34 millóns de euros, parte deles fináncianse con este empréstito. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|