
| Suspensión de recollida de leite en maio |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 25 de Abril do 2008 | Economía | |||
O propietario de Leite Río atribuíu esta suspensión aos tres millóns de euros de perda de mercado nos dous últimos meses, ao que sumou o almacenamento de 20 millóns de litros aos que non pode dar saída. Os tres sindicatos coincidiron en que "non entenden" que se dera esta situación, xa que recordaron que o mercado é deficitario de leite, o que obriga ás industrias a importar máis de dous millóns de toneladas para cubrir as necesidades de consumo de nove millóns de toneladas coa cota que conta España de seis millóns de toneladas. "O que debe facer é deixar de traer leite de Francia a prezo por debaixo do custo de produción e recoller a galega, se o fixese deste xeito non tería ningún almacenado", reprobou Tomás Díaz de Xóvenes Agricultores. Tomás Díaz aclarou que con esta suspensión, as cooperativas non terá problemas para recolocar este leite, aínda que o máis seguro é que lles pagarán a un prezo máis baixo.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|