Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Suspensión de recollida de leite en maio Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 25 de Abril do 2008   |   Economía
leite A empresa galega 'Leite Río' comunicou xa a varias cooperativas a suspensión de recollida a partir do mes de maio, cumprindo así o anunciado o pasado martes polo seu propietario, Xesús Lence, quen concretou que, en total, serán 100.000 litros de leite diarios os que se deixarán de recoller entre Galiza e a provincia de León. 
Así o corroboraron os sindicatos Unións Agrarias (UU.AA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG), que indicaron que onte mesmo Leite Río confirmou por carta esta suspensión, que anunciara verbalmente hai un mes. Pola súa banda, Xóvenes Agricultores (XX.AA) admitiu descoñecer o envío destas misivas, que deron por certas xa que eran coñecedores desta decisión de Xesús Lence.

O propietario de Leite Río atribuíu esta suspensión aos tres millóns de euros de perda de mercado nos dous últimos meses, ao que sumou o almacenamento de 20 millóns de litros aos que non pode dar saída.

Os tres sindicatos coincidiron en que "non entenden" que se dera esta situación, xa que recordaron que o mercado é deficitario de leite, o que obriga ás industrias a importar máis de dous millóns de toneladas para cubrir as necesidades de consumo de nove millóns de toneladas coa cota que conta España de seis millóns de toneladas.

"O que debe facer é deixar de traer leite de Francia a prezo por debaixo do custo de produción e recoller a galega, se o fixese deste xeito non tería ningún almacenado", reprobou Tomás Díaz de Xóvenes Agricultores.

Tomás Díaz aclarou que con esta suspensión, as cooperativas non terá problemas para recolocar este leite, aínda que o máis seguro é que lles pagarán a un prezo máis baixo. 

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image