
| Ferrol dedica unha praza a Xosé Couso |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 25 de Abril do 2008 | Sociedade | |||
A 'Praza da Paz Xosé Couso' está situada na confluencia da Avenida de Esteiro coas rúas Zurbarán, San José, e a unión de Espoz e Mina con Muñoz Torrero.
Este recoñecemento ao xornalista gráfico se suma ao Premio Internacional de Periodismo Xosé Couso, que anualmente se celebra na cidade, organizado polo Club de Prensa Local en colaboración co Colexio de Xornalistas de Galiza e administracións e empresas privadas, para premiar profesionais comprometidos coa liberdade de prensa. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|