Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Enerxía Nuclear: As coacións do capital Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Venres, 25 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
adela O actual presidente de Unión FENOSA, analisou hai dous días, o estado de contas da Compañia, que segundo el ten un grave desfase entre o custo de produción e distribucion do seu producto e o que se cobra por KW. Ao parecer teñen un importante deficit neste senso. Mas non é iso o importante das declaracións do Sr Pedro López quen demanda un trato de privilexio no concurso a instalación de enerxia eólica na Galiza, en base á sua orixe Galega (que ironia!...)

No seu discurso, pon en destaque a necesidade de considerar a enerxia nuclear para subsanar o deficit enerxético que ten España. Argumenta que Franza ten apostado fortemente por este tipo de enerxia coa que consegue atender ás suas necesidades e exportar algo para España. Plantas desalgadoras funcionan en Franza a base de enerxia procedente de Centrais Nucleares. A problemática prantexada polo Pedro López estructurase a volta de tres eixos: garantia na suministración, millora na eficiencia enerxética e a sostibilidade ambiental.

Para convinar estes tres factores, o Sr  López considera conveniente o percurso á Enerxia de orixe Nuclear. Argumenta que as Centrais Nucleares non emiten GEI á atmósfera có que España poderia cumplir coa Taxa de Emisións que o Protocolo de Kioto lle ten asignado. A contaminación térmica das augas (necesarias para a refrixeración non é considerada).  O perigo de fugas como o que está a acontecer agora mesmo en Ascó é de menor importancia. O problema dos residuos  non é interesante ( xa se discurrirá algo...). As reservas de Uranio que se supoñen duns 30 anos  có ritmo actual de consumo é unha “pecata minuta”.

Tal parece que o Acordo de Kioto é unha lousa para os presidentes dos Consellos de Administración que teñen que discurrir a maneira de esquivala. Non unha decisión solidaria e necesaria se queremos continuar a viver na terra (nos e eles). O Sr Pedro López esquecese da perigosidade que entraña o funcionamento dunha Central Nuclear, como se o exemplo de Tchernovil  non fose abondo.

As Centrais Nucleares son perigosas por muitas razons:

O seu funcionamento, mesmo no caso de ser perfecto, pode fallar nalgún momento -todas o fixeron algunha vez-. O vapor de auga deitado ao ar tamén é un gas de efecto invernadoiro. A auga necesaria para a refrixeración vai para o medio muito mais quente có que provoca contaminación térmica. -Non hai garantia total para evitar posibles fugas, como na actual Ascó.

Os residuos manteñen a radiactividade durante centos ou miles de anos. Entre estes o Césio pode penetrar nas cadeas tróficas ocupando o lugar do Calcio e transformandose asi nunha bomba interna desde os osos.  Xa desde a sua construción teñen un forte impacto ambiental. O risco que entranan  fai que non  merezan a pena. Salvo que, na sua soberbia, os executivos como o Sr López considerense inmunes á contaminación radactiva.

Galiza tense declarado Zona Libre de Nucleares. Desde aquela lendaria marcha de hai 30 anos: ”Non Xove Nuclear”. Non damos consumido a enerxia que producimos a custo do noso patrimonio natural. Manteñamonos asi. Bastante destrución hai xa nesta Terra.

Ademáis, por solidariedade con outras Terras rexeitemos este tipo de enerxia. Por perigosa, non so para nos, mas para os que poidan vir tras de nos. Que clase de Mundo lle queren deixar aos descendentes este grupo de inconscientes executivos das grandes compañias ? Será que non os teñen?

 
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image