Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Veto ao cinema en galego nas salas comerciais de Santiago Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 25 de Abril do 2008   |   Cultura
pradolongo

A Mesa pola Normalización Lingüística anima toda a cidadanía a acudir ás proxeccións do filme Pradolongo, de Ignacio Vilar, rodado integramente en galego e con capital galego, que se celebrarán este sábado, domingo e segunda feira (luns) no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A asociación en defensa da lingua denuncia que a capital de Galiza se vai converter na única cidade do país na que a longametraxe non se estree en salas comerciais. Isto é debido á negativa das mesmas a proxectar este filme, a pesar do enorme éxito de público que está a obter en todos os cinemas nos que se estreou.

O presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, lamenta os “prexuízos sen base empresarial obxectiva” que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente “a axilidade e os reflexos” da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal.

Callón denuncia, asemade, que “desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non se traballa para garantir as exhibicións dos filmes en galego, xa non digamos para a súa rodaxe ou para a dobraxe na nosa lingua de outras fitas”. Segundo a información facilitada polo propio director de Pradolongo, Ignacio Vilar, o filme está a bater récords de público, superando nalgunhas cidades mesmo a películas norteamericanas.

Así, cando se estreou nos cinemas de Valdeorras, acadou os seis mil espectadores nunha semana. En Ourense, nas catro semanas nas que leva en carteleira, xa a foron ver arredor de 3.500 persoas, e na Coruña 1.500 persoas pasaron polos cinemas para ver Pradolongo en dúas semanas. En Pontevedra, esta é a segunda semana de exhibición, e xa van polos mil espectadores. Proximamente estrearase en Lugo, Lalín e Cee, sempre en salas comerciais.

Estes datos de audiencia fan esperar, segundo Carlos Callón, que as cifras en Compostela sexan igual de positivas, “xa que esta cidade sempre foi moi receptiva ás películas estreadas na nosa lingua, que desde o peche dos Cines Compostela non atopan oco nos estabelecementos privados”.

Segundo puido saber a asociación en defensa da lingua, o acontecido con Pradolongo non é un feito illado, e hai outros filmes en galego pendentes de estrea que non van ser exhibidos en Santiago pola negativa das salas.

 

HORARIOS DE PROXECCIÓN DE PRADOLONGO NO TEATRO PRINCIPAL

Sábado 26, domingo 27 e segunda feira (luns) 28 de abril.

Pases ás 17 horas, 20 horas e 23 horas.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image