
| Veto ao cinema en galego nas salas comerciais de Santiago |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 25 de Abril do 2008 | Cultura | |||
Callón denuncia, asemade, que “desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non se traballa para garantir as exhibicións dos filmes en galego, xa non digamos para a súa rodaxe ou para a dobraxe na nosa lingua de outras fitas”. Segundo a información facilitada polo propio director de Pradolongo, Ignacio Vilar, o filme está a bater récords de público, superando nalgunhas cidades mesmo a películas norteamericanas. Así, cando se estreou nos cinemas de Valdeorras, acadou os seis mil espectadores nunha semana. En Ourense, nas catro semanas nas que leva en carteleira, xa a foron ver arredor de 3.500 persoas, e na Coruña 1.500 persoas pasaron polos cinemas para ver Pradolongo en dúas semanas. En Pontevedra, esta é a segunda semana de exhibición, e xa van polos mil espectadores. Proximamente estrearase en Lugo, Lalín e Cee, sempre en salas comerciais. Estes datos de audiencia fan esperar, segundo Carlos Callón, que as cifras en Compostela sexan igual de positivas, “xa que esta cidade sempre foi moi receptiva ás películas estreadas na nosa lingua, que desde o peche dos Cines Compostela non atopan oco nos estabelecementos privados”. Segundo puido saber a asociación en defensa da lingua, o acontecido con Pradolongo non é un feito illado, e hai outros filmes en galego pendentes de estrea que non van ser exhibidos en Santiago pola negativa das salas.
HORARIOS DE PROXECCIÓN DE PRADOLONGO NO TEATRO PRINCIPAL Sábado 26, domingo 27 e segunda feira (luns) 28 de abril. Pases ás 17 horas, 20 horas e 23 horas. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|