Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O cabo Chao denuncia presións da Armada Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 26 de Abril do 2008   |   Estatal
fragata-extremadura O cabo da Armada Jorge Miguel Gago Chao, na súa comparecencia ante o xuíz, denunciou que nos últimos días foi apremido por parte de membros da Armada para que non falase cos medios de comunicación sobre o sinistro da fragata Extremadura, acontecido en decembro de 2005, no que faleceron dous mariños. 
Na declaración prestada onte ante o Xulgado Togado Militar número 1 da Coruña, onde se instrúe a causa sobre o sinistro, Jorge Miguel Gago Chao informou ao xuíz de que no día de onte presentou denuncia ante a Policía Nacional polas supostas "represalias de determinados cargos" contra a súa persoa, a raíz das súas denuncias públicas sobre a "neglixencia" que se produciría no accidente da Extremadura.

O cabo relatou que o xoves se presentou voluntariamente ante o Tribunal Médico Pericial para elaborar un informe previo das súas aptitudes psicolóxicas e físicas, e que o comandante Peña Albarracín, psiquiatra da Armada, recibiuno "con desprezo, advertíndolle de que sería prexudicial para a súa saúde se seguía saíndo en prensa e desoíndo as queixas e explicacións".

Ante o xuíz recordou que xa o mesmo día do accidente, o comandante Víctor Porta Pereira, recomendou aos membros da fragata que "non falasen do tema do sucedido a bordo baixo ningún concepto nin coa familia nin coa prensa", xa que son militares e teríanse que ater ás consecuencias.

Os argumentos foron reiterados polo cabo ante o xuíz, na comparecencia que se enmarca nas dilixencias previas que se instrúen sobre o accidente da fragata Extremadura, o 18 de decembro de 2005, no que morreron dous mariños, Eric Noval e Francisco Javier Pérez Castrillón, nunha explosión nas caldeiras.

O cabo declarou que desapareceron documentos que demostrarían que os altos cargos ao mando da fragata coñecían, e foran alertados, da situación de perigo que se rexistraba na caldeira.

O cabo Jorge Miguel Gago Chao, despois de 14 anos de servizo e cinco medallas -dous ao mérito naval, unha da Unión Europea e dúas entregadas pola OTAN- tamén denunciou ante o xuíz que permaneceu ano e medio sen destino na Armada, a pesar de formular 10 opcións diferentes.

Finalmente foi destinado forzosamente a Rota e "esquecido administrativamente na súa carreira militar", segundo as súas propias palabras. Sofre ansiedade e depresión, como consecuencia dos feitos acontecidos na Fragata Extremadura, e reclama á Armada que lle compense as secuelas psicolóxicas que aquel accidente lle provocou.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image