
| Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 28 de Abril do 2008 | Portugal | |||
Para os membros da asociación, a Unesco "recoñece un patrimonio dunha grande riqueza e diversidade" na candidatura galego-portuguesa e "no informe remitido a ambos países recoméndase a súa nova presentación". A asociación está a traballar para presentar de novo a candidatura á listaxe da Unesco, que se proclamará de novo en setembro de 2009, para o que é necesario reunirse co responsable do Executivo galego e co novo ministro de Cultura de Portugal. Para poder presentar a candidatura, aseguraron dende a asociación, un grupo de especialistas das universidades galegas e portuguesas "realizou os traballos de reformulación do informe" conforme ás suxestións feitas polo comité da Unesco, polo que esperan que poida ser remitida ao organismo internacional antes do 30 de agosto.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|