
| Os encoros galegos en torno ao 70% |
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 28 de Abril do 2008 |
|
|
A falta dos datos dos últimos días do mes, para os que se esperan precipitacións, a suma dos 69 pluviómetros que MeteoGalicia ten despregados pola xeografía galega revelan que, neses puntos, houbo unha media de 14 días de chuvia. Durante o mes de abril, a provincia máis chuviosa foi a de Pontevedra, cun total de 3.441 litros rexistrados; seguida da de Lugo, con 3.300 litros; A Coruña, con 2.644; e Ourense, con 2.095 litros. A máxima precipitación rexistrouse nun dos 16 pluviómetros de Pontevedra, o situado en Queimadelos, con 300,2 litros; mentres que a mínima se correspondeu coa Serra do Eixe, en Ourense, con 4,9 litros. En canto aos días de chuvia, os 69 pluviómetros galegos rexistraron un total de 970 durante o mes de abril, o que significa unha media de 14 días húmidos. En canto a este parámetro, a provincia máis visitada pola chuvia foi a da Coruña, que oscilou nos seus puntos de control entre os 13 días de Corrubedo e os 18 da Coruña.
| ||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|