
| Primeiro investimento en tecnoloxía de Manuel Jove |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 28 de Abril do 2008 | Economía | |||
A entrada de Jove en Blusens materializouse a través da subscrición por parte de Inveravante dunha ampliación de capital de Blusens Global Corporation, unha vez fusionadas Blusens Technology e as súas filiais Blusens Middle East e Blusens China. En virtude da operación, Inveravante consegue o 47,5% do capital da compañía, e José Ramón García e Miguel Silva, cofundadores de Blusens, quedan co resto da participación ao comprar as doutros socios minoritarios. Blusens presenta unha valoración, trala ampliación de capital, de até 50 millóns de euros. Segundo o seu plan de negocio, confía en alcanzar unha facturación de 70 millóns de euros en 2008 e alcanzar a cota dos 100 millóns en 2009.
A corporación de Manuel Jove, primeiro accionista do BBVA, entra no sector tecnolóxico tras tomar posicións noutros como o do téxtil (Caramelo), o da enerxía (Vetra), a xestión de chan e patrimonio (Parque Warner), o de agroalimentación (adegas de viño) e o hoteleiro. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|