Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Primeiro investimento en tecnoloxía de Manuel Jove Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Luns, 28 de Abril do 2008   |   Economía
jove1 Manuel Jove, a través da súa corporación Inveravante, adquiriu unha participación do 47,5% do capital social do fabricante galego de electrónica de consumo Blusens, segundo informou hoxe a sociedade do empresario. 
Inveravante realizou unha inversión de até 16 millóns de euros en función do cumprimento do plan de negocio da compañía tecnolóxica. Trátase da primeira operación que Inveravante, corporación creada por Jove para articular os seus investimentos, realiza en novas tecnoloxías e responde ao seu interese por diversificar a súa carteira cara a distintos sectores con potencial de desenvolvemento.

A entrada de Jove en Blusens materializouse a través da subscrición por parte de Inveravante dunha ampliación de capital de Blusens Global Corporation, unha vez fusionadas Blusens Technology e as súas filiais Blusens Middle East e Blusens China.

En virtude da operación, Inveravante consegue o 47,5% do capital da compañía, e José Ramón García e Miguel Silva, cofundadores de Blusens, quedan co resto da participación ao comprar as doutros socios minoritarios.

Blusens presenta unha valoración, trala ampliación de capital, de até 50 millóns de euros. Segundo o seu plan de negocio, confía en alcanzar unha facturación de 70 millóns de euros en 2008 e alcanzar a cota dos 100 millóns en 2009.

A corporación de Manuel Jove, primeiro accionista do BBVA, entra no sector tecnolóxico tras tomar posicións noutros como o do téxtil (Caramelo), o da enerxía (Vetra), a xestión de chan e patrimonio (Parque Warner), o de agroalimentación (adegas de viño) e o hoteleiro.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image