Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Nostián recicla só un 55% Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Luns, 28 de Abril do 2008   |   A Coruña
nostian A concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña, Neves Vázquez, recoñeceu hoxe que a planta de tratamento de residuos de Nostián non cumpre os obxectivos marcados de reciclaxe, aínda que apuntou que "é a mellor opción e está a funcionar ben". 
Nun pleno extraordinario solicitado polo PP para tratar en exclusiva o funcionamento e a situación da planta coruñesa, Vázquez explicou que Nostián é "a opción máis comprometida co medio" porque trata o 100 por cento dos residuos que chegan a ela, mentres que recicla o 55 por cento. Nembargantes, recoñeceu que os obxectivos de reciclaxe son do 72 por cento.

Ao respecto, comparou Nostián con Sogama e considerou que a segunda é "un monstro" que só trata un de cada dous colectores que lle chegan e recicla o 14 por cento dos seus residuos, polo que "foi cualificada como un dos principais puntos de contaminación da Galiza", mentres que Nostián "é o modelo ideal e só foi defendido polos socialistas".

Neste senso, acusou ao PP de tratar de "boicotear" Nostián nun intento de que o lixo "siga incinerándose en contra das normativas europeas que apostan pola reciclaxe". "Están a utilizar un problema puntual para xeneralizar porque a vostedes lles dá igual a reciclaxe e defenden o modelo de Sogama que é absolutamente insustentable", criticou.

Unha idea que apoiou o voceiro do BNG, Henrique Tello, que tamén recoñeceu a situación "maioritariamente mellorable" de Nostián, mais incidiu na necesidade de "poñer o foco sobre o que importa realmente, que é impulsar a reciclaxe fronte á incineración de lixo".

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image