Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Pintar a lingua de azul Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 28 de Abril do 2008   |   Cultura
rapaz A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o material que comezou a distribuír con motivo do Día das Letras Galegas polo que insta a toda a sociedade a pintarse a lingua de azul o próximo 18 de maio, xornada na que celebrará unha manifestación en Santiago de Compostela polo "dereito a vivir en galego". 
Deste xeito, a organización en defensa do galego repartirá un total de 20.000 carteis, 10.000 adhesivos e 10.000 folletos e tamén ten previsto sacar adhesivos para os vehículos co lema da manifestación, que terá lugar en Santiago de Compostela un día despois da celebración oficial da festividade.

Na portada dos folletos aparece unha moza cunha piruleta azul e a lingua pintada da mesma cor, co obxectivo de apelar a todas as persoas sensibles ao galego que, aínda que non o utilicen de forma habitual, "si perciben a discriminación que sofren as persoas que queren vivir 365 días ao ano en galego".

Segundo recordou Callón, o galego "non está nunha situación calquera" da súa historia, senón no seu "peor momento". Na súa opinión, atópase nun cruzamento de camiños e dos "galegos depende" o destino da lingua: "se queda relegado a un uso residual ou, pola contra, se normaliza".

Neste sentido, destacou que A Mesa recibiu "70 apoios" de asociacións veciñais, xuvenís e concellos, dos que algúns deles son aínda provisionais, pero que serán ratificados "nos próximos días". 

Fronte a esta situación, criticou a postura "hipócrita" de certos sectores da Administración autonómica, como "a Consellaría de Presidencia". Callón, apuntou o paradoxo de que "Méndez Romeu vaia seguramente o sábado (17 de maio) a poñer flores á tumba de Blázquez Álvarez (homenaxeado este ano)" pero mentres "os programas informáticos do seu departamento non permiten escribir en galego, nin os topónimos".

A estas críticas, sumou á Secretaría Xeral de Política Lingüística e retou aos cidadáns a "buscar as sete diferenzas entre o departamento dos gobernos do PP e o actual". "Sería difícil este concurso", sentenciou.

Ademais, alertou sobre "certos colectivos e partidos", concretamente "o PP e as súas organizacións satélites", que "queren que o galego despareza", polo que reiterou o seu chamamento á poboación para "para que iso non trunfe".

E a quen se lle ocorreu a feliz idea de poñer a "lingua azul"? O primeiro que me veu á cabeza foi o nome dunha enfermidade do reino animal, e o segundo... e non será tóxico?

Non sei, de seguro que había mellores lemas para defender a nosa lingua que pintala de azul.

Desde MundoGaliza sempre se defenderá o noso idioma, mais iso de pintar a lingua de azul con sabe Deus que...

De todos xeitos ás veces as ideas máis desatinadas ou escéntricas son as que máis dan que falar, e iso sempre é bo.

Moito éxito pois.

Comentarios (2)add
1
Gallego de La Coruna
Que asco pintarse la lengua de azul, con pintura acrílica?
Estos de la Mesa mejor que busquen trabajo y no vivan del cuento (el idioma gallego no corre ningún peligro). ¿Qué sueldos tienen por no hacer nada?

Abril 29, 2008

2
Alba
Moito non gañaremos se se siguen a facer campañas deste tipo. É noxento ver un home todo desamañado coa lingua pintada de azul. Igual de ordinario que o carteliño do BNG anunciando o acto sobre a situación lingüística da Galiza, que pasa que todos os que falamos en galego ou temos unha ideoloxía nacionalista somos uns hippies ou uns desfarrapados? Ter mala pinta é sinónimo de galego?
Un día quedei cun amigo que coñecía só pola rede de compartir foros, cando chegamos ao café quedou desconcertado. Xa fixera unha imaxe de min. Esperaba unha destas desfarrapadas mal vestida e mal amañada, con pinta pseudohippie e atopou o que el denomina "una niña pija".
A boa educación, o bo vestir, o ir arreglado e a elegancia tanto nas formas como nas persoas ou os carteis non están reñidas coas ideoloxías e menos aínda cos idiomas.
Xa está ben!!!

Maio 03, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image