 |
O presidente Touriño foi a París. Non se sabe moi ben a que, aínda que, como sempre, apareceron emigrantes por alí. O caso e que por arte de maxia “este presidente” reuniuse con director xeral da Unesco, Koichiro Matsura, para promover a candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da humanidade.
|
Porén, o xaponés, máis sabedor do que pasa no mundo que “este presidente”, díxolle que Galiza xa tiña patrimonios suficientes e que facía falta coidalos antes de que caian, como a muralla de Lugo, limpalos e conservalos, como a catedral de Santiago, ou adecentalos, como o camiño francés. Con todo recomendou a “este presidente” que Galiza presentase candidaturas de patrimonio inmaterial.
Isto non gustou nada ao presidente do Consello da Xunta, que horas antes promovía o estudo do español no mundo, adobado, iso si, con algo de “bilingüismo gallego”.
Non houbo que lle recordara a “este presidente”, que en 2005 una asociación de entusiastas presentou a candidatura a obra mestra da humanidade da Unesco a tradición oral galegoportuguesa, e que Touriño nin sequera se ofreceu a recibilos nin mostrar o apoio do Goberno galego, excepto Quintana e Bugallo –que case nin sabían de que ía a historia- que marcharon a París horas antes do día 25 de novembro de 2005 para referendar a iniciativa presentada pola asociación Ponte nas Ondas.
O caso é que ese mesmo ano a candidatura galega competía co flamenco, que gozaba do impulso de toda a Junta andaluza e do Goberno federal socialista, encabezado pola daquela ministra de Cultura Carmen Calvo, que aparece por París.
Ao final, nin un nin outro, o que si pasou foi que a Unesco quedou asombrada da iniciativa galega, á que lle recomendou que a presentase mellor e máis estruturada e todo foi eloxios.
Parece que “este presidente” tiña claro que entre “gallego y flamenco” hai que saír “por bulerías o peteneras” porque un ano máis tarde, en decembro de 2006, o Parlamento galego celebraba os seus 25 anos co himno galego con acordes flamencos.
Comentarios () |
|
|
|
|
|