Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Touriño inmaterial e flamenco Imprimir Correo-e
F. X. Castiñeira   |   Luns, 28 de Abril do 2008   |   Sinaturas - F. X. Castiñeira
Image

O presidente Touriño foi a París. Non se sabe moi ben a que, aínda que, como sempre, apareceron emigrantes por alí. O caso e que por arte de maxia “este presidente” reuniuse con director xeral da Unesco, Koichiro Matsura, para promover a candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da humanidade.

Porén, o xaponés, máis sabedor do que pasa no mundo que “este presidente”, díxolle que Galiza xa tiña patrimonios suficientes e que facía falta coidalos antes de que caian, como a muralla de Lugo, limpalos e conservalos, como a catedral de Santiago, ou adecentalos, como o camiño francés. Con todo recomendou a “este presidente” que Galiza presentase candidaturas de patrimonio inmaterial.

 

Isto non gustou nada ao presidente do Consello da Xunta, que horas antes promovía o estudo do español no mundo, adobado, iso si, con algo de “bilingüismo gallego”.

 

Non houbo que lle recordara a “este presidente”, que en 2005 una asociación de entusiastas presentou a candidatura a obra mestra da humanidade da Unesco a tradición oral galegoportuguesa, e que Touriño nin sequera se ofreceu a recibilos nin mostrar o apoio do Goberno galego, excepto Quintana e Bugallo –que case nin sabían de que ía a historia- que marcharon a París horas antes do día 25 de novembro de 2005 para referendar a iniciativa presentada pola asociación Ponte nas Ondas.

 

O caso é que ese mesmo ano a candidatura galega competía co flamenco, que gozaba do impulso de toda a Junta andaluza e do Goberno federal socialista, encabezado pola daquela ministra de Cultura Carmen Calvo, que aparece por París.

 

Ao final, nin un nin outro, o que si pasou foi que a Unesco quedou asombrada da iniciativa galega, á que lle recomendou que a presentase mellor e máis estruturada e todo foi eloxios.

 

Parece que “este presidente” tiña claro que entre “gallego y flamenco” hai que saír “por bulerías o peteneras” porque un ano máis tarde, en decembro de 2006, o Parlamento galego celebraba os seus 25 anos co himno galego con acordes flamencos.

 

Comentarios (3)add
1
Gallego de La Coruna
Mejor tradición gallegoespañola que gallegoportuguesa, por lo menos mientras Portugal no pase a formar una nación ibérica conjunta con España.

Abril 30, 2008

2
Alba
Fagamos Ponte nas Ondas fagamos pontes no ar.... do outro lado do río está o meu amor.
Portugal e Galiza si están unidos pola lingua, a tradición, a cultura... con españa que nos une? a forza que nos fixo submeter ao imperialismo dun pobo veciño que non é o noso?

Maio 03, 2008

3
Trol
Pero de que nación ibéria falas!! non fuches a escola en La Coru,atende o que di Alba é o mellor aprendes algunha cousa.

Maio 18, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image