
| Circunscricións electorais autonómicas |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 28 de Abril do 2008 | Estatal | |||
Os nacionalistas galegos consideran que a evolución do Estado español demostrou que as circunscricións provinciais non son unidades cunha entidade política suficiente, senón que son "unha división administrativa decimonónica" que foi superada polas comunidades autónomas. Nesa liña, tamén advertiron de que a evolución demográfica acentuou a concentración de poboación e "se dá unha desigualdade crecente" na distribución provincial de electores, o cal "introduce un elemento de dispersión" no sistema electoral español. Así, referíronse á diferenza do que custa un escano en función do tamaño da circunscrición e a que a proporcionalidade do sistema electoral "se pon en entredito ao darse nas circunscricións provinciais máis pequenas o mesmo resultado que se aplicásemos un sistema maioritario".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|