
| Asasinos de nenos |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 29 de Abril do 2008 | Internacional | |||
O director dos Servizos de urxencia en Gaza, Muawiya Hassanain, confirmou que as mortes se produciron logo de que os soldados israelís abrisen lume contra a casa da familia Matuq en Beit Hanun. Un proxéctil alcanzou o teito do edificio, dunha planta, no momento en que a familia almorzaba, segundo varios veciños da zona. As testemuñas informaron a Maan de que diversos carros de combate e excavadoras invadiron a localidade e dispararon contra as vivendas palestinianas. Unha portavoz das forzas israelís confirmou que as tropas actuaran en Beit Hanun, unha localidade desde as que milicias palestinas lanzaron foguetes contra territorio de Israel. A forza aérea e unha unidade de carros de combate dispararon contra un grupo de "homes armados" que intenaban aproximarse aos soldados, segundo a portavoz, que asegurou que non se atacou ningún edificio.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|