Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A Consellaría de Educación non dialoga Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 29 de Abril do 2008   |   Cultura
escola Milleiros de profesores e alumnos mobilizáronse en Santiago de Compostela en contra do anteproxecto de borrador de Bachillerato e para reclamar "diálogo" á Consellaría de Educación. A CIG, convocante da protesta, cifra en 4.000 os manifestantes e fala dun seguimiento do 75% da folga entre os profesores de Educación Física e Filosofía e de "un amplo respaldo" no conxunto do profesorado.  
Nunha xornada marcada polas mobilizacións contra Educación - tamén hai folga entre os universitarios galegos -, un numeroso grupo de delegados da CIG, de STEG, representantes do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física, da Asociación Galega de Filosofía, de Asomúsica e de CAE, así como alumnos e profesores percorreu ao ritmo de gaitas e co xogo dun balón as rúas de Santiago entre a Praza do Toural e San Caetano.

Ante os numerosos manifestantes que portaban pancartas, bandeiras e panfletos, representantes do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física, da Asociación Galega de Filosofía e de CIG-Ensino leron manifestos que coincidían en apelar a Educación para que escoite o rexeitamento de profesores e alumnos á redución de horarios de Educación Física e Filosofía no Bacharelato.

En nome do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física interveu Alex Fernández, apuntou que "non hai razoamentos pedagóxicos nin científicos" que apoien a redución de horas da materia de Educación Física e, tras recordar a necesidade e as recomendacións da UE en relación á práctica deportiva, reivindicou a modificación do anteproxecto de decreto.

A secretaria da Asociación Galega de Filosofía, Ana María Alonso Rodríguez, expresou o rexeitamento ao anteproxecto do decreto de Bacharelato e alertou do "grave dano" que orixinará á formación dos estudantes a redución da materia de Filosofía.

O responsable de CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegurou que a folga foi secundada "pola maioría do profesorado das materias afectadas" e contou cun "amplo apoio do resto de profesores", polo que considerou que a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, "queda obrigada a atender" as reivindicacións e a "cesar na súa indiferenza".

Insistiu en que se modifique a normativa para "mellorar a calidade do ensino", para o que propón o incremento nunha hora da carga lectiva de Filosofía, Educación Física e Historia; esixe un ensino laico, no que a materia de Relixión estea fóra do horario lectivo; e garantías nas modalidades que se impartan no Bacharelato. Opinou que a conselleira "ten que escoitar este clamor" e abandonar a súa actitude para abrir unha negociación.

 

Comentarios (1)add
1
Fran
Máis Filosofía, Educación Física e Historia e menos Relixión.

Abril 30, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image