
| Calidade no emprego transfronteirizo |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 29 de Abril do 2008 | Portugal | |||
No proxecto, que forma parte do Programa Europeo de Cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal 2009-2010, participarán tamén a Federación Galega de Municipios e Provincias e a delegación Norte do Instituto de Emprego e Formación de Portugal. A reunión no concello ourensano de Leiro, á que tamén asistiron representantes de organizacións sindicais e empresariais, pretende deseñar un plan de actuación conxunta para reprimir as infraccións laborais e mellorar a coordinación da vixilancia e control dos dous países, xa que existe unha bolsa indeterminada de man de obra portuguesa que vén á comunidade galega sen que se producira a obrigada comunicación sobre desprazamentos de traballadores transfronteirizos. Respecto ás denuncias de organizacións sindicais que alertaron de que os operarios portugueses sofren unha situación de discriminación, o responsable autonómico de Traballo asegurou que se aplicará a máxima de "tolerancia cero" con calquera tipo de práctica que vulnere os dereitos dos traballadores e, "sexan de onde sexan", que desenvolvan o seu traballo na Galiza. Da reunión sairá unha planificación con actuacións cuantificadas e visitas conxuntas dos equipos de inspección da Galiza e Portugal en cada unha das provincias galegas. Ademais, realizarase un seguimento das medidas de prevención de riscos nas obras de infraestruturas con man de obra transfronteiriza para intensificar -"máis aínda se cabe", dixo Varela- o Plan de Actuación de Grandes Obras que se desenvolve dende 2007.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|