Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Mariñeiros portugueses abandonados Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 29 de Abril do 2008   |   A Coruña
langosteira O barco de bandeira irlandesa 'Cappal ban' leva unha semana abandonado por parte da súa casa armadora no peirao de Oza, na Coruña, xunto aos seus catro tripulantes portugueses. 
Así o denunciou o presidente da Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueiros, Xosé Manuel Muñiz, que tivo coñecemento desta situación ao poñerse en contacto con el un dos mariñeiros, Pedro Ferreira Masiel, quen lle trasladou o estado no que se atopaban el e máis os seus tres compañeiros.

Nun principio, a tripulación contaba con seis membros pero dous deles, entre os que se atopaba o patrón que era galego, lograron recolocarse noutras embarcacións, unha vez que a armadora irlandesa se "desentendeu" da súa situación.

Este barco irlandés faenaba cigala no caladoiro do Gran Sol. O seu desprazamento ao porto da Coruña está orixinado por unha reparación que finalmente se converteu nun "abandono" por parte da casa armadora, "que non quere saber nada", reprobou Muñiz.

Ante esta situación, anunciou que se porá en contacto con "autoridades competentes" para que se poida dar unha solución a estes catro mariñeiros portugueses que de momento "sobreviven cos víveres" cos que conta a embarcación.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image