Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O PPdeG acusa ao director da CRTVG Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 29 de Abril do 2008   |   Galiza
benigno O deputado do PPdeG Diego Calvo acusou ao director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, de "saltarse a lei para beneficiar ao PSOE" co obxectivo de manterse no seu cargo, ante o que o responsable do ente público lle recrimiou a súa "indignidade" e lle reprochou que "falsee a realidade gravemente". 
Durante un debate en comisión parlamentar, Calvo asegurou que Sánchez incumpriu a lei "a sabendas" co plan de cobertura dos medios públicos galegos para as eleccións xerais. Neste senso, criticou a súa suposta intención de "relegar" aos 'populares' nos espazos dedicados aos comicios.

Calvo argumentou que a Xunta Electoral da Coruña e a Central ditaminaron que ese plan de cobertura era "ilegal" polos criterios aplicados para ordenar as aperturas e os peches dos espazos. Finalmente, a CRTVG modificou as súas previsións antes de que comezase a campaña, posto que a resolución se produciu días antes da pegada de carteis.

Sánchez lle respondeu que a resolución de ambas as dúas xuntas non establece que a proposta da CRTVG fose contraria á súa xurisprudencia, xa que o mesmo documento foi avalado en 2007, con motivo das municipais. Ademais, remarcou que se cumpriu a sentenza.

"Iso é violar a lei? Hai que volver pasar pola facultade", espetoulle o director xeral da CRTVG, e reprobouno por facer acusacións "moi graves". Deste modo, recordou que se un funcionario público incumpre a lei a sabendas... iso "ten un nome", prevaricación.

O parlamentario do Grupo Popular comentou unha vez máis que Benigno Sánchez ten "o compromiso" do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de seguir no cargo até o final da lexislatura, o que implicaría que a reforma do ente establecida no acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas non entraría en vigor antes das eleccións autonómicas previstas para 2009.

 

Comentarios (3)add
1
Gallego de La Coruna
¿Porque no hay programas en español en la TVG?, debería haber un 50 %. Es una auténtica discriminación para los gallegos que utilizamos habitualmente el castellano.

Abril 30, 2008

2
xurxo
e xq non hai un 50% de galego nas nacionais tes cada cousa

Maio 01, 2008

3
Gallego de La Coruna
Mira Xurxo, los andaluces no tienen porque saber catalán o gallego, por lo tanto no pueden tener un 50% en otro idioma que no sea el español.
En cambio, aquí tenemos dos lenguas, como por ejemplo en Euskadi donde la programación de la ETB es bilingüe.

Maio 02, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image