|
Procesamento de Carlos Menem |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 30 de Abril do 2008 |
Internacional
|
 |
A Xustiza confirmou o procesamento do ex-presidente Carlos Menem polo contrabando de armas a Croacia e Ecuador durante o seu mandato, co cal estará en condicións de ser sometido a xuízo oral e público por ese delicto, informouse en Tribunais. |
A confirmación do procesamiento foi resolta pola Sala 'B' da Cámara Nacional de Apelacións no Penal Económico, integrada polos xuíces Carlos Pizzatelli e Marcos Grabivker, ao ratificar a resolución do xuíz de primeira instancia Norberto Caputo.
Un tribunal oral resolveu postergar até o 8 de xullo o inicio do proceso contra outros imputados na causa, que ventiló un dos maiores escándalos do Goberno de Menem, xa que as armas foron vendidas a países en conflito.
Os principais acusados no caso polo delito de contrabando agravado, ademais do ex-presidente Menem, son o ex-cuñado Emir Yoma, o traficante de armas Diego Palleros e o ex-titular da estatal Fabricacións Militares Luís Sarlenga.
Menem está acusado de asinar tres decretos para autorizar a venda de armamentos a Croacia e Ecuador entre 1991 e 1995, cando os dous países estaban en conflito. No caso de Ecuador, entón en guerra con Perú, Arxentina figuraba como garante dun tratado de paz que asinaran anteriormente ambos dous países.
Comentarios () |
|
|
|
|
|