Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Transparencia no caso do gasoil vertido por Adif Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Abril do 2008   |   Sociedade
amigosdaterra A organización ambientalista esixe que se proporcione aos cidadáns dados oficiais do acontecido esta fin de semana co vertido de 55.000 litros de gasoil procedentes dos tanques que Adif, empresa dependente do Ministerio de Fomento, posúe.  
A fuga do gasoil deuse a coñecer o luns, pero o certo é que xa o sábado os veciños de Reza alertaban da presenza dun forte cheiro a fuel na zona, póndoo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil.

O grave do caso non é tan só que, dende que se detectou a fuga ata que se procedeu a pór remedio á situación transcorreron horas senón que, un Informe oficial do ano 2.006 recollía a contaminación do río por químicos provintes dos depósitos de Renfe.

Polo tanto, había coñecemento dunha situación de alto risco para o medio ambiente e da que os responsables fixeron caso omiso ata estes días. As incorrectas previsións de Adif e a falta dun plan de actuación ante estes casos, puidera ter agravado unha situación que podería evitarse de tomarse as medidas axeitadas de protección e seguridade.

O equipo técnico de Medio Ambiente que se desprazou ao lugar, asegura que parte da contaminación chegará ao río Miño. Outra parte, pasou pola depuradora. Pero o certo é que este tipo de manchas de aceite impiden a depuración da auga porque obstrúense os filtros. A este accidente previsible, e non fortuíto, súmase a falta de información á cidadanía.

Neste senso, Amigos da Terra non descarta a solicitude por escrito ás autoridades competentes da información ambiental que posúan sobre este caso. Coñecer publicamente tamén, que tipo de medidas legais se van tomar en consideración contra a empresa titular do vertido, será outra acción a levar a cabo pola organización ambientalista para ofrecer dados e información á cidadanía. Constitúe tamén unha incógnita as razóns que conlevaron a alcanzar a rede de sumidoiro polo gasoil.

A Directiva Marco da Auga, trasposta ao ordenamento xurídico español en decembro de 2.003 supuxo, a priori, un impulso moi importante da lexislación europea en materia de augas. Un dos seus principais obxectivos era alcanzar o bo estado das augas pero para elo é necesario que se tomen as medidas oportunas para evitar este tipo de accidentes dunha forma anterior a que os mesmos acontezan mediante unha planificación de efectos significativos que sobre o medio ambiente teñen certas actividades industrias, constituíndo estas un alto potencial á hora de producirse accidentes.

 

Comentarios (1)add
1
gonzalo blanco vazquez
Cando a administración contamina...Quen é o que paga?
2 de maio de 2008. VERTIDO DE GASÓLEO AO MIÑO. Unha vez máis vemos como as empresas públicas (desta volta ADIF) e as administracións son as responsaábeis de delictos medioambientais que quedan impunes. A desidia dos directivos de ADIF permite que unhas instalacións obsoletas provoquen desde hai anos verteduras intermitentes de gasoil á rede de sumidoiros de Ourense. Unha avaría provocou un escape masivo que destapou as condicións calamitosas deses talleres. Din que “quen contamina paga”. Se ADIF é condeada... pagaremos todos/as cos nosos impostos! Texto da DENUNCIA de ADEGA.
Un artigo de Luis Díaz Cabanela, médico e vogal de saúde ambiental de ADEGA.


--------------------------------------------------------------------------------
Os directivos seguirán sentados no seu despacho en Madrid cobrando as súas suculentas nóminas. A rede de sumidoiros levou o gasoil a unha depuradora declarada ilegal polo Tribunal Superior de Galiza, por non gardar a distancia de 2000 m recollida no Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres Nocivas e Perigosas (RAMINP). É unha lei antiga, pero plenamente vixente. Foi creada para protexer a saúde e calidade de vida da xente.
Os viciños e viciñas de Reza coñecen moi ben o que é unha actividade molesta e insalubre. Levan moito tempo soportando malos cheiros e os mosquitos. Agora teñen que soportar tamén Compostos Orgánicos Volátiles.
Non desprazaron nin unha das Unidades Móbiles de Control do Ar que ten Medio Ambiente. O cheiro a gasóleo é claramente perceptible no paseo fluvial.
Aplicando o Principio de Precaución e mentras non teñamos datos dos niveis de contaminación, o axeitado sería recomendar aos individuos sensibles (nenos, anciáns, persoas con problemas respiratorios e cardíacos) que non paseen polas proximidades da depuradora, e se viven alí que permanezcan dentro das súas casas coas ventás pechadas. Estas recomendacións son habituais en países como os EE.UU e ninguén se asusta, nin pensa que se está a crear alarma na poboación. Simplemente, séntense protexidos pola súa Administración. Xusto o contrario do que aquí pasa.

LUIS DIAZ CABANELA. Médico, máster en toxicoloxía e vogal de saúde ambiental de ADEGA.
mais informacion
www.adega.info smilies/shocked.gif

Maio 03, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image