Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Prezo "xusto" polo leite e a carne Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 30 de Abril do 2008   |   Galiza
gandeiross
"Nin un paso atrás" ante a situación "desesperada" á que os leva a queda de prezos. Así o demostraron uns 10.000 gandeiros que tomaron, baixo unha forte tromba de auga, as rúas da capital da Galiza para alertar da situación "gravísima" na que se atopan as 14.000 explotacións de leite e as 15.000 de carne de vacún pola caída "sen precedentes" nos prezos de orixe, que fai perigar a súa "supervivencia".

'Prezos xustos para o leite e a carne. Solucións xa' eran o lema da pancarta que portaban os líderes dos tres sindicatos agrarios galegos convocantes da manifestación --Unión Agrarias (UU.AA.), o Sindicato Labrego Galego (SLG) e Xóvenes Agricultores (XX.AA. )-- e tras a que se situaron os gandeiros que finalizaron o seu percorrido enchendo a Praza da Quintana.

Media hora de percorrido acompañados en todo momento por cánticos reivindicativos ou de reprobación que resumían a situación do sector: 'Prezos xustos, rendas dignas','Abonda xa do roubo da industria' ou 'onde están os nosos beneficios?'. Precisamente, nos últimos dous meses abóanselle nove céntimos menos por litro no caso do leite, mentres na carne os prezos caeron ao mesmo valor que hai 20 anos.

"Trátase dun berro de dignidade", proclamou na Praza da Quintana o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, cando a remataron de abarrotar os gandeiros. Alí, arengounos a "non dar un paso atrás" até que non exista un acordo coa industria cun prezo "estable e xusto" para a carne e o leite que producen.

Este sindicalista considerou paradoxal que dende as administracións central e galega se aposte por un "novo" rural, cando alertou que, de seguir así, o será pero por non contar con gandeiros nel. Unha situación que "non é só problema dos gandeiros", aclarou a secretaria do SLG, Carmen Freire, xa que advertiu de que o que "está en xogo é a alimentación, o que afecta a toda a cidadanía".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image