Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Banco Pastor duplicou o seu beneficio neto Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 30 de Abril do 2008   |   Economía
pastor
Banco Pastor informou de que pechou o primeiro trimestre do exercicio 2008 cun beneficio neto de 141,1 millóns de euros, un 167% máis que nos tres primeiros meses do ano anterior, impulsado pola venda dunha participación en Fenosa.

A entidade financeira sinalou nunha nota remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que a súa marxe de intermediación aumentou un 13%, ata 140,9 millóns de euros, mentres que a súa marxe de explotación o fixo nun 129,3%, a 236 millóns de euros.

O banco indicou que os depósitos a clientes alcanzaron no primeiro trimestre do ano os 14.280 millóns de euros, o que supón un aumento interanual de 2.598 millóns de euros, mentres que o investimento crediticio da compañía subiu un 11,5% ata os 24.238 millóns de euros.

Banco Pastor explicou que neste período o ratio de eficiencia --sen contar as plusvalías obtidas pola venda da súa participación en Unión Fenosa-- foi do 37,4%, fronte ao 39,16% anterior.

A compañía anunciou en xaneiro a venda do 1,14% do capital en Unión Fenosa cunhas plusvalías brutas de 111 millóns de euros. Grazas a estas plusvalías, a marxe ordinaria foi de 319,7 millóns de euros, un 79,2% máis que no primeiro trimestre de 2007.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image