
| Banco Pastor duplicou o seu beneficio neto |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 30 de Abril do 2008 | Economía | |||
A entidade financeira sinalou nunha nota remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que a súa marxe de intermediación aumentou un 13%, ata 140,9 millóns de euros, mentres que a súa marxe de explotación o fixo nun 129,3%, a 236 millóns de euros. O banco indicou que os depósitos a clientes alcanzaron no primeiro trimestre do ano os 14.280 millóns de euros, o que supón un aumento interanual de 2.598 millóns de euros, mentres que o investimento crediticio da compañía subiu un 11,5% ata os 24.238 millóns de euros. Banco Pastor explicou que neste período o ratio de eficiencia --sen contar as plusvalías obtidas pola venda da súa participación en Unión Fenosa-- foi do 37,4%, fronte ao 39,16% anterior. A compañía anunciou en xaneiro a venda do 1,14% do capital en Unión Fenosa cunhas plusvalías brutas de 111 millóns de euros. Grazas a estas plusvalías, a marxe ordinaria foi de 319,7 millóns de euros, un 79,2% máis que no primeiro trimestre de 2007.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|