
| Garzón envía a prisión á alcaldesa de Mondragón |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 01 de Maio do 2008 | Estatal | |||
Garzón considera que a alcaldesa "se implicou no desenvolvemento da estratexia común para contribuír aos fins da organización terrorista e queda claro que incumpriu expresamente o auto de suspensión de ANV", segundo especifica no seu auto. A Fiscalía e as acusacións populares exercidas pola 'AVT' e 'Dignidad y Justicia' solicitaron previamente ao maxistrado prisión incondicional sen fianza para a primeira edil guipuzcoana. A Fiscalía considera que, como representante de ANV, Galparsoro é "a última voz institucional que lle queda a ETA". A fiscal Dolores Delgado defendeu ante o xuíz que desde 1987 a alcaldesa vén desenvolvendo actividades políticas no seo de organizacións integradas na estrutura de ETA como Batasuna, EH e Herri Aritza. Galparsoro non se vinculou a ANV até 2007, engadiu a fiscal, que dixo que desde xaneiro de 2008 se inicia "unha nova estratexia marcada por ETA e seguida pola fronte Batasuna-EKIN-ANV de acumulación de forzas soberanistas". Neste senso recordou que na campaña electoral ETA, Batasuna e os seus satélites defenderon a abstención activa e o boicot ás eleccións. Crearon, ademais, un grupo de electos independentes de ANV para seguir con esta mesma estratexia. Segundo o auto no que Garzón suspendía as actividades de ANV, esta medida "afecta a todas aquelas actividades que poidan desenvolver como grupo fóra dos estritos límites da actividade institucional nas Diputacións Forais, as Xuntas Xerais, os concellos do País Vasco e Navarra e calquera outra institución na que poidan ter representación ou intervención, así como o uso de locais, de titularidad pública, como tal grupo". A medida, que se desenvolverá durante un periodo de tres anos prorrogable a cinco, afecta a ANV en "todas as actividades orgánicas, públicas, privadas e institucionais" que desenvolva "en todos e cada un dos ámbitos e organismos públicos, rexistros, bancos, notarios, fundacións, asociacións, sociedades e organismos similares".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|