Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Garzón envía a prisión á alcaldesa de Mondragón Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 01 de Maio do 2008   |   Estatal
garzon
O xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, dictou onte auto de prisión para a alcaldesa de Arrasate-Mondragón (Guipúzcoa), Inocencia Galparsoro, da formación ANV, por colaboración con organización terrorista e quebrantamento da suspensión de actividades que acordou o maxistrado a respecto desta formación política o pasado 8 de febreiro, segundo informaron fontes xurídicas.

Garzón considera que a alcaldesa "se implicou no desenvolvemento da estratexia común para contribuír aos fins da organización terrorista e queda claro que incumpriu expresamente o auto de suspensión de ANV", segundo especifica no seu auto.

A Fiscalía e as acusacións populares exercidas pola 'AVT' e 'Dignidad y Justicia' solicitaron previamente ao maxistrado prisión incondicional sen fianza para a primeira edil guipuzcoana. A Fiscalía considera que, como representante de ANV, Galparsoro é "a última voz institucional que lle queda a ETA". A fiscal Dolores Delgado defendeu ante o xuíz que desde 1987 a alcaldesa vén desenvolvendo actividades políticas no seo de organizacións integradas na estrutura de ETA como Batasuna, EH e Herri Aritza.

Galparsoro non se vinculou a ANV até 2007, engadiu a fiscal, que dixo que desde xaneiro de 2008 se inicia "unha nova estratexia marcada por ETA e seguida pola fronte Batasuna-EKIN-ANV de acumulación de forzas soberanistas". Neste senso recordou que na campaña electoral ETA, Batasuna e os seus satélites defenderon a abstención activa e o boicot ás eleccións. Crearon, ademais, un grupo de electos independentes de ANV para seguir con esta mesma estratexia.

Segundo o auto no que Garzón suspendía as actividades de ANV, esta medida "afecta a todas aquelas actividades que poidan desenvolver como grupo fóra dos estritos límites da actividade institucional nas Diputacións Forais, as Xuntas Xerais, os concellos do País Vasco e Navarra e calquera outra institución na que poidan ter representación ou intervención, así como o uso de locais, de titularidad pública, como tal grupo".

A medida, que se desenvolverá durante un periodo de tres anos prorrogable a cinco, afecta a ANV en "todas as actividades orgánicas, públicas, privadas e institucionais" que desenvolva "en todos e cada un dos ámbitos e organismos públicos, rexistros, bancos, notarios, fundacións, asociacións, sociedades e organismos similares".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image