Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
15.000 traballadoras/es mobilízanse coa CIG Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Maio do 2008   |   Sociedade
galizacig A Confederación Intersindical Galega mobilizou nas manifestacións convocadas nas sete cidades, na Mariña e en Ribeira 15.000 traballadores e traballadoras que se sumaron á reivindicación dun modelo xusto e sustentábel, fronte ao neoliberalismo, e a prol da soberanía nacional. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron 10.000 persoas. 

Hai moitos temas nos que a CIG podería centrar as súas reivindicacións neste Primeiro de Maio: a precariedade, a defensa de salarios dignos, dos postos de traballo, a defensa do sistema público de protección social... Porén, a central sindical optou por reivindicar “Un modelo socioeconómico xusto e sustentábel”, tal e como explicou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, na súa intervención ao remate da manifestación nacional, celebrada en Vigo, porque “a orixe destes problemas está precisamente no modelo socioeconómico neoliberal”.

 

Un modelo que, lembrou, é hexemónico desde principios da década dos 80 e que é responsábel de que os salarios teñan perdido peso no PIB, de forma significativa; de que teñan perdido poder adquisitivo; de todo o proceso de privatizacións que se deu no estado español dos servizos e do sistema de protección social; do abusivo prezo da vivenda; da precariedade laboral; do desemprego; dos altos índices de sinistralidade laboral; do desigual reparto da riqueza e dun capital especulativo que non redunda nada en xerar base produtiva e o que está é xerando o enriquecemento alarmante e a acumulación da riqueza en poucas mans.

 

Ante iso, Seixo explicou que a CIG ten a responsabilidade de facer un traballo de concienciación para que se asuma que “este non é o modelo socioeconómico que a clase traballadora necesita, que hai que pelexar por un modelo socioeconómico diferente que teña en conta á clase traballadora, que é a maioría social deste país, fronte aos intereses da oligarquía”.

 

O secretario xeral da CIG tamén recordou que a central sindical ten nos seus Estatutos, como modelo de referencia, o socialismo e afirmou que “nos sentimos identificados con eses modelos sociais e cos países no mundo que xa se prantexan optar pola vía dun socialismo do século XXI, pero, aínda así, sen ter que chegar a cambios estruturais tan profundos como os que suporía un cambio de sistema, porque as circunstancias actuais non o permiten, entendemos que hoxe temos que pelexar por políticas que vaian claramente en contra das políticas que promove o propio sistema neoliberal”.

 

Por iso explicou que a CIG aposta por promover políticas contrarias á precarización e os baixos salarios, que faciliten a creación de emprego estábel e de calidade, que aposten pola defensa dun sistema fiscal realmente progresivo, que se grave máis aos beneficios do capital en contra do que se está a facer, que pulen por políticas de vivenda e de protección social, que se apoien claramente aos servizos públicos e de protección social e en contra dá súa privatización, cunha planificación económica, por parte dos gobernos, en función dos intereses da maioría social e que non se permita que sexan precisamente as multinacionais e o capital transnacional quen programe a economía do mundo en función dos seus intereses, sen capacidade ningunha de incidir e que van orientadas en función de intereses económicos alleos ao desenvolvemento económico e social normal do noso país. “A única maneira de combater iso, ou unha das máis eficaces, é que por parte do goberno galego houbese capacidade para decidir políticas decididas en función dos nosos intereses e contrarias a esas políticas neoliberais”, dixo.

 

A defensa dese modelo socioeconómico xusto e sustentábel resumiuno pois, do punto de vista social, apostando por un reparto da riqueza máis igualitario, para rematar coa fame e coas desigualdades que hai no mundo; do punto de vista cultural respectando a diversidade cultural que existe a nivel mundial e do punto de vista medioambiental, respectando a biodiversidade e con medidas de protección do medioambiente.

 

Reivindicación da soberanía nacional

 

O secretario xeral da CIG reivindicou a soberanía nacional para Galiza como unha necesidade para “poder decidir políticas desde Galiza, en función de Galiza" e en contraposición a todas estas políticas de corte neoliberal que se deciden en institucións de ámbito internacional.

 

No mesmo sentido,  Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo, subliñou na súa intervención que "este modelo económico está basado na especulación, é un modelo parasitario, que para continuar a aumentar as riquezas exponencialmente será preciso que millóns e millóns de persoas resultaran gravemente perxudicadas". Nese sentido, engadiu que "nunha data como o 1º de maio, Día do Internacionalismo Proletario, non podemos esquecer o compromiso cos traballadores e traballadoras do Terceiro Mundo que son os que máis van sufrir as consecuencias desta crise".

 

Fronte a este modelo, Abraldes destacou "a necesidade do combate coa negociación colectiva seria e rigorosa, que non ceda ante nada". Por exemplo, neste momento, citou a dous exemplos "como é a folga do transporte e a folga indefinida para o dia 14 no sector da limpeza, onde non é que non pretendan aumentar os salarios senón que ademais pretenden rebaixar dereitos adquiridos anteriormente pretexto da escrito".

Tamén lembrou Abraldes "as deslocalizacións, e especialmente o caso de Draka Cables, cos compañeiros e compañeiras aqui presentes, onde a única razón para mover unha planta de país é o incremento dos beneficios, condenando ao desemprego a traballadores e traballadoras que durante moitos anos foron utilizados como man de obra altamente cualificada para facer as mellores producións no sector do automóbil".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image