|
O labor do PSOE na Xunta é até negativo |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Venres, 02 de Maio do 2008 |
Galiza
|
 |
O voceiro do BNG no Parlamento galego, Carlos Aymerich, considera que o traballo desenvolvido polas Consellarías que dirixe o PSdeG é "escaso, inexistente e até negativo", segundo o caso. Nun artigo de opinión publicado na web do BNG titulado 'Nervios', Aymerich explica que a "sucursal galega do PSOE" ten motivos para estar "nerviosa", xa que en tres anos de lexislatura ten un "magro balance" para presentarlles aos galegos.
|
Segundo o deputado do BNG, o traballo realizado polos socialistas no que vai de lexislatura autonómica foi "moi pouco" en Sanidade, "escaso" en Educación, "inexistente" no Medio Ambiente, "nulo" en Presidencia e Xustiza, "negativo" en Traballo, "invisible" en Economía e "pequeno" en Pesca.
"Chegarán os quilómetros de asfalto que está licitando Política Territorial para, ao modo de Fraga, equilibrar as contas ao fin do mandato?", pregúntase Aymerich.
"Espinosa tenciona prescindir do BNG. Elena Salgado avisa de que para transferir o Tráfico vai haber aínda muito que falar. E os alcaldes do PSOE defenden que a cualidade e o prezo da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores. Así andan as cousas. Andan nerviosos. E teñen razóns", di Aymerich.
O deputado do BNG enxalza o traballo dos departamentos autonómicos dirixidos por nacionalistas, que desenvolven un programa "transformador". Entre os programas postos en marcha polo BNG, Aymerich destaca o Banco de Terras, a nova política forestal, o sistema galego de benestar, unha nova política enerxética sustentable e unha política de vivenda que "atende os intereses da xente".
Comentarios () |
|
|
|
|
|