Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O PSdeG avantaxaría ao PPdeG en intención directa de voto Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (5 votos totais)

Sábado, 03 de Maio do 2008   |   Galiza
vigo
O 28,7 por cento dos galegos asegura que, de convocarse agora eleccións autonómicas, votaría ao PSdeG, fronte ao 22,2 por cento que votaría ao PP e o 15,8 por cento que daría o seu respaldo ao BNG, segundo o estudo "Clima Social da Galiza" do primeiro trimestre de ano, presentado polo secretario xeral de Análise e Proxección, José Manuel Rivera Otero.

"Non quere dicir que o PSOE gañe as próximas eleccións", explicou o alto cargo da Xunta, que recordou que estes datos expresan intención directa de voto, non estimación, que si poderá realizar cada formación xa que o seu departamento lles enviou o estudo a cada grupo parlamentar.

Respecto ao último Clima Social, presentado o pasado mes de outubro, hai un incremento en intención de voto das tres principais formacións autonómicas, xa que o PP sobe máis de cinco puntos, o PSdeG o fai case na mesma medida e o BNG rexistra un aumento de dous puntos.

En canto aos líderes políticos, o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, segue sendo o máis valorado polos galegos cun nota de 5,7, seguido polo voceiro do BNG e vicepresidente do Executivo, Anxo Quintana, que sobe do aprobado raspado a un 5,23.

Continúa pechando o grupo o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que sobe a súa valoración a 4,45 puntos e tamén aumenta a súa porcentaxe de coñecemento ata o 93,3 por cento, o que "o deixa nunha situación de competición perfectamente definida", segundo Rivera Otero.

O secretario xeral destacou especialmente a "valoración moi, moi, moi alta" que fan os galegos da xestión da Xunta, xa que case un 59 por cento a aproba, cinco puntos máis que hai seis meses, malia que o 48,3 por cento di estar pouco informado sobre as actividades que desenvolve o Goberno autonómico.

Pois o clima, social ou non, ándache ben revolto así que non vos fiar moito do que vos asegura o estudo. Quen sabe!

Aínda que, polo momento, parece confirmarse que o PSdG saca bo rendemento da xestión das consellarías bloqueiras. 

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (4)add
1
Alba
O clima anda revolto pero o que queda claro é que o BNG pasou de segunda a terceira forza e tanto dá que fora o PP ou o PSOE quen estivera diante, agora pasan os dous por riba.
Algo non marcha no BNG porque non supera o seu teito, o baixa. E moito ten que ver tamén o que dis ti, están chupando réditos os sociatas do labor do BNG.

03 de Maio do 2008 - 14:30

2
Ana
O que falla no BNG e que falan moito e fan pouco. Coma exemplo a politica linguistica. Cada dia unha proposta en prol do galego (bonecas, lapidas,etc) mais a realidade e que cada dia se incumpre mais o decreto de ensino do galego e cada dia son mais os galegofalantes discriminados por empresas, na xustica, sanidade,etc.
Fan falla novos lideres, novas ideas e maior defensa dos intereses galego en Galiza e no estado. E non so conformarse co poder.

05 de Maio do 2008 - 12:57

3
Xandokas
.... moito borrego e moito trepas no BNG!
smilies/grin.gif

05 de Maio do 2008 - 22:47

4
SAKODENAX
No PsoE son todos moi listos e non teñen trepas, e no PP aínda menos. O que tal hai que oir e da boca de quen.

06 de Maio do 2008 - 21:52

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image