Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Non hai reforma na lei electoral galega Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 03 de Maio do 2008   |   Sociedade
parlamento A Mesa da Cámara non admitiu a trámite a iniciativa lexislativa popular presentada por Esquerda Unida, na que pedía unha reforma da lei electoral galega para baixar ao tres por cento a barreira legal que permite optar a representación parlamentaria e que, actualmente, se atopa no cinco por cento. 

A Mesa considera que a proposta de IU afecta a unha materia de desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía que non pode ser modificada a través de iniciativas populares, tal e como establece a lei que regula este mecanismo.

No entanto, os dirixentes da federación de esquerdas explicaron, cando rexistraron o texto, que só propoñían este cambio precisamente porque outras modificacións máis profundas non poderían levarse a cabo a través dunha iniciativa popular.

IU non poderá sequer comezar coa recollida das 15.000 sinaturas precisas para debater o texto nun pleno. Os tres grupos parlamentares xa se mostraran reticentes a baixar a barreira legal, establecida no cinco por cento en 1992 grazas á maioría absoluta do PPdeG de Manuel Fraga.

 

Comentarios (1)add
1
Xandokas
O BNG con esta maniobra elimina competidores
..... quien te ha visto y quien te ve.....
smilies/shocked.gif

Maio 03, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image