Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O TC admite o término 'NACIÓN' para Cataluña Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 03 de Maio do 2008   |   Estatal
catalonia

O Tribunal Constitucional admitiu a constitucionalidade do término "NACIÓN" para Cataluña no preámbulo do Estatut, xa que esta parte da norma carece de efectos xurídicos reais. Así se desprende do rascuño do máximo órgano constitucional, avanzado polo diario 'La Vanguardia'.

En cambio, o TC aprecia inconstitucionalidade naqueles títulos do Estatut nos que se establece unha relación de bilateralidade entre Cataluña e o Estado español.

Concretamente, o Estatut contempla a creación da Comisión Mixta de Asuntos Económicos e Fiscais Estado-Generalitat, aínda que establece que o modelo de financiamento que se acorde entre ambas partes "non debe implicar efectos discriminatorios para Cataluña respecto das restantes comunidades autónomas", para dar cumprimento así á solidariedade entre territorios que establece a Constitución.

Para o alto tribunal, a definición de Cataluña no preámbulo do Estatut non entra en contradición co artigo 2 da Constitución, no que proclama a "indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas".

De feito, tralo pacto entre todos os partidos cataláns co Goberno central - salvo o PP e ERC - acordouse que Cataluña se definira como "Nación" no preámbulo "recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía" por parte do Parlamento de Cataluña.

Vaia tomando nota, señor Feijoo, e déixese de atrancar o novo estatuto da Galiza por chamar as cousas polo seu nome e denominar nación apenas ao que o é.  

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (1)add
1
Alba
Pois se admite que cataluña é unha nación xa non se pode recurrir que a Galiza o sexa.
A ver que atrancos pon agora Feijoo, ou quere chamarse región de la nación española, única e indivisible por la gracia de dios.

03 de Maio do 2008 - 14:33

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image